O XOVE F.C. LÉVASE O TORNEO

CADRO DE HONRA
1º clasificado: Xove F.C.
2º clasificado: O Almacén
3º clasificado: Escourido
4º clasificado: Café Bar Pepe
Equipo máis deportivo: O Almacén
Máximo Goleador: Quico Mariño
Equipo menos goleado: Escourido



Café Bar Pepe, 4º Clasificado


Francisco Mariño (Quico), máximo goleador

Escourido, equipo menos goleado

O Almacén, equipo máis deportivo


Xove F.C., Campeón

O Almacén

Xove F.C.

NORMAS DA COMPETICIÓN

1.- A COMPETICIÓN:
- Xogarase o 4 e 5 de xullo. Comezará o sábado ás 9:30 horas.
-A competición estará formada por 21 equipos. 7 grupos de 3 equipos cada un. Xogarase en sistema de liguilla a unha única volta, xogando como mínimo 2 partidos cada equipo e clasificándose para cuartos de final o primeiro de cada grupo e o mellor segundo clasificado dos sete grupos.
- Os partidos serán de 2 tempos de 20 minutos cada un (a reloxo corrido). Os partidos de cuartos de final, semifinal e final disputaranse a partido único. En caso de empate lanzaranse 3 penaltis por equipo. Se aínda así persiste o empate continuarase lanzando ata que un dos dous equipos falle e o adversario anote (“o fallo”), non podendo repetir ningún xogador ata que lancen todos.
- Os partidos empezarán no horario establecido, debendo estar os equipos no terreo de xogo á hora do comezo do partido. Concederase aos equipos un tempo máximo de cortesía de 5 minutos. Pasado ese tempo só comezará o partido no caso de que o outro equipo desexe xogar o encontro, descontando o tempo de espera dos vinte minutos que dura a primeira parte.
- O partido comezará cun mínimo de 7 xogadores (un deles deberá ser o porteiro), podéndose incorporar xogadores ata completar os 11 durante o transcurso de todo o partido. Cun número menor de 7 xogadores non se poderá xogar o partido.
- Todo aquel equipo que non se presente ao partido, ou quede con menos de 7 xogadores no campo, daráselle o partido por perdido 3-0. No caso de que o resultado fose maior no momento da suspensión do partido, deixarase o resultado que estaba.
- Durante o transcurso do partido os cambios serán cinco. Estes deberanse pedir á mesa de anotación, e estes concederanos cando este o balón parado.
- As regras de xogo serán as establecidas pola Federación Española de Fútbol. para as súas competicións de Fútbol 11, excepto as mencionadas nestes puntos.
- Durante o transcurso do campionato existirá un Comité de Competición e Disciplina que será a organización dictaminará as sancións pertinentes. Todo xogador que reciba tarxeta vermella deberá abandonar o terreo de xogo, quedando o equipo cun menos. Terá como mínimo dun a tres partidos de sanción, que se cumprirá no seguinte ou seguintes partidos que xogue o seu equipo. A acumulación por parte dun xogador de tres tarxetas amarelas causará un partido de sanción. A expulsión por dobre tarxeta amarela conta como dúas amarelas, polo que o xogador poderá xogar o seguinte partido senón tivese outra tarxeta dun partido anterior.
- Todo xogador ou equipo que actúe de forma violenta, e/ou dificulte o bo funcionamento da competición será expulsado do campionato.
- Na fase de grupos, concederase 3 puntos por partido gañado, 1 punto partido empatado, e 0 puntos partido perdido. En caso de empate de dous ou máis equipos verase:
- Golaveraje particular (en caso de ser máis de dous equipos pasarase directamente ao golaveraje xeral).
- Golaveraje xeral.
- Maior número de goles marcados.
- Menor número de tarxetas recibidas.
- Sorteo.
- O perdedor do primeiro partido da fase de grupos será o que se enfronte ao tercer equipo de devandito grupo no segundo partido, e o vencedor dese primeiro partido será o que xogue o terceiro. En caso de empate tirarase un penalti, e de persistir o mesmo seguirase cos penaltis ata desfacer o empate.

-Para delucidar o mellor segundo seguiránse os mesmos parámetros que no punto anterior, excluíndo o golaverage particular.
-A composición dos octavos de finais será a seguinte:
1º grupo A - 1º grupo B; 1º grupo C – 1º grupo D; 1º grupo E – 1º grupo F; 1º grupo G – 2º mellor clasificado da fase de grupos

Nota: se o 2º mellor clasificado da fase de grupos ven do grupo G, este pasaría a enfrentarse ó 1º do grupo F, quedando enfrentado o 1º do grupo E co 1º do grupo G.
- Nos banquiños só poderán estar os xogadores e o responsable do equipo.
- A organización non se fai responsable das posibles lesións, enfermidades, roubos ou perdas, que puidesen ocorrer durante o transcurso do torneo. Cada xogador e o equipo en xeral xogan baixo a súa responsabilidade.

2.- Os EQUIPOS:
- Cada equipo estará formado por un número máximo de 20 xogadores.
- Cada equipo deberá ter unha persoa responsable, ben o capitán do equipo ou outra persoa externa. As funcións do responsable serán:
- Velar polo bo comportamento e respecto das instalacións por parte dos seus xogadores.
- Deberá presentarse nas mesas informativas 45 minutos antes do primeiro partido (para entregar a relación definitiva de xogadores, e para a recolleita de normas e asinar a súa conformidade coas mesmas) e 30 minutos antes de cada partido, para indicar os xogadores que van xogar o encontro.
- Será o responsable de recoller o material cedido pola organización e do seu correcto uso e devolución e de asinar o acta do partido.
- Todos os xogadores deberán ter o DNI durante o campionato xa que poderá ser requerido pola organización durante o transcurso dos encontros.
- Só poderán xogar os xogadores inscritos na relación de xogadores entregada antes do comezo do primeiro encontro. Se un xogador sancionado ou non inscrito na relación de xogadores xogase un encontro sancionaríase ao equipo coa perda do partido por 3-0 e a posibilidade de sancións anexas.
- Recoméndase que cada equipo dispoña de dous equipaciones numeradas. En caso de coincidencia de cores ou falta dalgunha das equipaciones, a organización dispoñerá de petos que se deixarán aos equipos baixo a entrega dun DNI, e baixo a responsabilidade de devolvelos unha vez finalizado o encontro.
- Calquera equipo que desexe facer unha reclamación, esta deberase facer por escrito e antes de 5 minutos logo da finalización do encontro. Transcorrido ese tempo supoñeremos que o equipo dá conformidad ao encontro.
- A Organización dispoñerá dun tablón de anuncios onde se poderán consultar os xogadores que foron apercibidos con tarxeta por parte do colegiado.

U.D. FOLGUEIRO.

MARATON DE FUTBOL 2009

A Union Deportiva Folgueiro celebrara os vindeiros dias 4 e 5 de xullo unha nova edicion do maraton de futbol no campo de Boavista.
Os premios para os primeiros clasificados son os seguintes:
1º clasificado: 500 € e trofeo
2º clasificado: 250€ e trofeo
3º e 4º clasificados: 100 € e trofeo cada un.
Tamen habera trofeos para o maximo goleador, o porteiro menos goleado e o equipo mais deportivo.
A cuota de inscripcion e de 100 €.
Para mais informacion poden dirixirse os telefonos 696 843 741 e 663 057 208.

1ª EDICIÓN. TEMPADA 2008

Campeón: A Maseira - Pelolo

Subcampeón: Xove F.C.

3º Clasificado: Invertigalia

4º Clasificado: Alfoz Beleza Natural